Acto do Día das Letras Galegas (17 de maio)

 O venres 15 de maio celebrouse o Acto do Día das Letras Galegas no CPI Cabo da Area. Dito acto foi organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca.

O alumnado das etapas de infantil, primaria e secundaria participaron nuha homenaxe á escritora Begoña Caamaño, figura elixida neste ano 2026.




O Acto consistiu na lectura de discursos para inaugurar a cerimonia de maneira cálida e amistosa. A continuación, realizouse a homenaxe propiamente dita. Neste sentido, o alumnado de cada curso escolar pasou fío de lá de cores por riba do debuxo de Begoña que estaba pintado no chan do pavillón a gran escala.
Finalmente, profesorado e alumnado cantaron xuntos a canción titulada Begoñísima composta pola cantante galega Uxía Senlle, ao mesmo tempo, amiga de Begoña Caamaño. O acto clausurouse coa lectura dun discurso de agradecemento.

Para esta cerimonia cargada de simbolismo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deseñou un debuxo da autora a gran escala dividido por seccións. Deste xeito, cada sección pertencía a un curso escolar específico que debía encargarse de coloreala con fío de lá.
O resultado foi unha homenaxe moi emotiva elaborada grazas ao entusiasmo e ao traballo en equipo da comunidade educativa.

Día das Letras Galegas 2026




Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de Dramaturxia e expresión corporal para o alumnado do club de lectura de secundaria

Manifestos e Exposición no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller