Sesión de contacontos no Día do Libro


 Os/As alumnas de 5º e 6º de educación primaria, xunto cos estudantes do club de lectura de 4º ESO, participaron nunha macrosesión de contacontos en calidade de relatores para os seus compañeiros e compañeiras de educación infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria. Toda a comunidade educativa do centro reuniuse na pista deportiva do CPI Cabo da Area para escoitar os textos que os relatores escolleron para o alumnado de menor idade co fin de celebrar o Día do Libro. 

O alumnado do club de lectura de 4º ESO tivo con espectadores aos estudantes de 3º e 4º de educación primaria, aos que lle leron unha selección de textos elixidos por eles, como Rapunzel con piollos, Contos do Sol e da Lúa, Cuentos cortos, Un monstruo no me deja comer, As manoplas de Carapuchiña e As aventuras de Osiño. 
















Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de Dramaturxia e expresión corporal para o alumnado do club de lectura de secundaria

Manifestos e Exposición no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller